Este ano realizamos un pequeno proxecto interdisciplinar sobre o Camiño de Santiago no que, dende Educación Infantil ata Secundaria, todos aportaron as súas ideas e o seu traballo.
Mostrouse na "Feira da educación" a meirande parte do traballo: os distintos camiños, lugares de interés cunha audioguía plurilingüe con códigos QR, lendas, ungüentos feitos con prantas medicinais, xogos sensoriais con conchas, maquetas da catedral, unha reproducción en pintura do Pórtico da Gloria,.....Podedes botar unha ollada nas entradas de abril a algunha das fotos.
O colofón ao proxecto foi a realización do Camiño de Santiago dende Sarria, para acadar a Compostela, cun grupo de alumnos de secundaria e bacharelato.
Foi unha experiencia inolvidable chea de aprendizaxe sobre sacrificio, ser compañeiros, empatizar cos demáis,....Para case todos o primeiro camiño, que nos será dicífil olvidar, e penso que, para a maioría, non será o último.