Con motivo da visita da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, os rapaces de !º e 3º de ESO, esta semana, organizaron un mercadillo solidario nos recreos, con produtos de comercio xusto, como artesanía, arroz, cacao, zucre, café, galletas e caramelos.
As profesoras María Paz e Marijé, queremos agradecer persoalmente, a todas aquelas persoas que mercaron algún dos produtos, coa vosa axuda recaudamos 292 euros, que van íntegros para a ONG, e tamén a todos os alumn@s que traballaron tan ben e con tanta ilusión.
E desexarvos, a todos aqueles que de algunha maneira formades parte do Colexio Galaxia, unhas felices festas.
Que disfrutedes coas fotos.
BO NADAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario